Chega o remake de One Piece

247

A Netflix ven de anunciar a produción de The One Piece, un remake da emblemática série de manga e anime One Piece de Eiichiro Oda.

WIT Studio, a compañía de animación responsábel de Spy x Family e das primeiras tempadas de Attack on Titan, encarga-se da animación do proxecto, que aínda se atopa nas súas primeiras fases.

Seica o obxectivo da nova série é recrear a história do manga orixinal de Oda One Piece, empezando pola Saga Azul Este. As vendas do manga superaron xa os 500 millóns de exemplares.

Esa saga introdutória, que consta de 100 capítulos provintes do manga orixinal, tamén serviu como material de partida para a adaptación do recente éxito da série de acción real One Piece, que chegou en agosto deste ano.

A série de anime mais antiga, aínda en curso, abordou a saga Azul Este ao longo de 54 episódios aló por 1999-2001. Esta fin de semana emitiu-se o seu episódio 1088 e está na súa saga final.

A série de acción real comezará a produción da súa segunda tempada o ano que ven.