Wachowskis na triloxía de Superman?

0
210

Os irmáns WachowskiAinda que polo de agora só é un rumor do mais abraiante, xa se fixeron eco del algunhas fontes de confianza, polo que podemos dicir que os irmáns Wachowski, os responsábeis da saga de Matrix, teñen intención de interviren no relanzamento da franquía de Superman cunha nova triloxía de filmes.

Seica o comentário provén dun colaborador habitual dos Wachowski, James McTeigue (director de V de Vendetta ou Ninja Assassin) nun programa da televisión alemá RTL1 cando lle preguntaron cales son os seus plans para este ano.

Nesa entrevista ademais engadiu que o director de Superman Returns, Bryan Singer, rexeitou a súa participación no relanzamento do superheroe mais clásico e que podería estar a se adicar arestora só ao seu longamente agardado proxecto de remake de A Fuga de Logan, mentres que os Wachowski ainda están a considerar a oferta.

A parella de irmáns teñen agora mesmo a Plastic Man en desenvolvemento, con McTeigue axudando como director da segunda unidade, polo que se chegan a entrar no proxecto de Superman, sería moi posíbel que McTeigue fora ascendido a director de Plastic Man.