Garner contra o Lobishome

284

A estrela de Ozark e gañadora de vários prémios Emmy, Julia Garner, formará equipa con Christopher Abbott no thriller de Leigh Whannell Wolf Man, da Blumhouse Productions e a Universal Pictures.

Whannell, responsábel asemade de The Invisible Man (2020), no que adaptou a outro monstro clásico da Universal aos nosos tempos, dirixirá o proxecto, cuxa estrea está prevista para o 25 de outubro deste ano.

Whannell estivo xa vencellado ao filme hai anos, pero tivo que abandoar cando Ryan Gosling e mais o director de Blue Valentine, Derek Cianfrance, chegaron a bordo do proxecto. Porén ambos os dous remataron por marchar, e agora Whannell volve a se pór á fronte.

Garner interpretará a unha hai cuxa família está a ser aterrorizada por un depredador letal, e Abbott interpretará ao pai. Os dous actores xa traballaran xuntos hai mais de dez anos en Martha, Marcy, May, Marlene.

Whannell, Corbett Tuck e mais o dúo de Dumb Money, Lauren Schuker Blum e Rebecca Angelo, son os responsábeis do guión, que conta con Jason Blum coma produtor. Gosling pola súa banda segue a bordo só coma produtor executivo.