O aprendiz de Ranger

95

A Skydance ven de se facer cos dereitos da série de libros de fantasía para adolescentes Ranger’s Apprentice do prolífico escritor australiano John Flanagan, e planea xa adapta-la para unha longametraxe de acción real.

Ademais, o realizador Ted Melfi (Hidden Figures) pechou o acordo para escribir e dirixir a película e el mesmo a producirá xunto con Kim Quinn, David Ellison, Dana Goldberg e Don Granger.

O plan es adaptar os dous primeiros libros á primeira película. A história ten coma protagonista a Will, un orfo que se converte en aprendiz dun grupo de misteriosos protectores coñecidos coma os Rangers.

Hábiles rastrexadores, arqueiros e guerreiros, todos están ao servizo do rei de Araluen, ao que protexen de invasores, traidores e outras ameazas. Outros personaxes son o mentor de Will, Halt, e mais o seu mellor amigo Horace.

O primeiro tomo da saga, The Ruins of Gorlan, apareceu en 2004, pero na actualidade son xa dezanove volumes. A Skydance tamén adquiriu os dereitos para adaptar os nove libros da saga Brotherband de Flanagan.