John Malkovich en Jonah Hex

0
165

John MalkovichO veterán John Malkovich porá a dose de clase e calidade no filme Jonah Hex interpretando ao antagonista do persoaxe que fará Josh Brolin nesta produción da Warner Brothers e mais a Legendary Pictures, que é unha adaptación dun persoaxe non moi coñecido do universo da DC Comics.

Malkovich interpretará a Turnbull, o rico proprietário dunha plantación do Sul dos Estados unidos cuxo fillo é asasinado por soldados da Unión durante a guerra civil americana. Turnbull entón culpa a Hex, un antigo soldado confederado reconvertido en cazarrecompensas e pistoleiro.

Jimmy Hayward (Horton Hears a Who) dirixe este guión dos escritores de Crank, Mark Neveldine e Brian Taylor.

Andrew Lazar e Akiva Goldsman serán os produtores deste filme, cuxa rodaxe está prevista para escomezar no mes de abril.