O anúncio oficial esta semana da Lucasfilm da produción dunha longametraxe co Mandalorián e Grogu ven de espertar moitas preguntas. A rodaxe ten previsto comezar a finais de ano baixo a dirección de Jon Favreau, pero iso podería significar asemade que non haberá tempo para facer unha cuarta tempada de The Mandalorian, que xa tiña rematados os guións mesmo antes do comezo da folga do ano pasado. Nestes intres a Disney+ está a reavaliar a conveniéncia de facer a série, e no seu lugar facer só a película.