David Gordon Green abandoa o Exorcista

301

O realizador David Gordon Green ven de abandoar The Exorcist: Deceiver, a seguinte entrega da nova triloxía do Exorcista da Universal Pictures e a Blumhouse e continuación do filme The Exorcist: Believer que foi un desastre nos despachos de billetes o ano pasado.

The Exorcist: Believer estaba situada 50 anos despois dos acontecementos do filme orixinal e era unha secuela directa do clásico dirixido por William Friedkin. Ellen Burstyn repetiu o seu papel de Chris MacNeil, a famosa “nena do Exorcista”, que agora está a axudar a dúas rapazas posuídas por unha forza diabólica.

O filme, que contou cun orzamento de 30 millóns de dólares, acadou 137 nos despachos de billetes de todo o mundo mália recibir unhas críticas moi negativas. Pero dado que a Universal se fixo cos dereitos de distribución da franquía por 400 millóns en xuño de 2021, a súa intención é seguir adiante coa triloxía até recuperar os cartos do investimento.

Porén Green abandoa o proxecto despois de dirixir a primeira película, o que obriga agora á Universal e á Blumhouse a procurar un novo director. Como primeira consecuéncia, a estrea de The Exorcist: Deceiver ven de ser eliminada da grella, onde estaba situada no 18 de abril de 2025.