Stan Lee regresa a Thor

0
206

ThorStan Lee, o mítico gurú do cómic, creador de grande parte dos persoaxes máis clásicos da Marvel, é un pouco coma Odín, o deus do trono nórdico: xusto cando coidabas que xa se dirixía cara ao Valhalla, regresa e loita noutra causa.

A súa última reaparición será precisamente para colaborar nun especial do Thor número 600 (escrito por J. Michael Straczynski, Stan Lee e Chris Giarrusso e debuxado por Olivier Coipel con Marco Djurdjevic, Jack Kirby e Chris Giarrusso), un número extra aniversário do persoaxe que el e mais Jack Kirby crearon hai mais de 40 anos.

O certo é que o cómic é menos unha história ca un conxunto de escenas clásicas: os Vingadores loitando contra robots xigantes, un ataque contra Asgard liderado polo malvado inimigo de Thor, Loki, escenas nas que os heroes din cousas moi profundas sobre o seu destino coma super-heroes, un interlúdio romántico entre Thor e Sif, e mesmo unha emerxéncia médica que arranxa o doutor Don Blake, a identidade secreta de Thor.

Moito se cadra para meter en 11 páxinas que por certo non teñen un bó final. Os lectores que non estean ao día se cadra non saberán que agora Loki é unha muller ou que os Vingadores (liderados polo eterno inimigo de Spiderman, Norman Osborn), son agora tipos malos. Pero todo sexa con tal de ver a Stan Lee de novo ao mando.