Boyega, o protector da Bíblia

246

A ex-estrela de Star Wars John Boyega protagonizará e será o produtor executivo dunha série de televisión que funcionará coma precuela do filme post-apocalíptico de 2010 The Book Of Eli. Gary Whitta, responsábel do guión da longametraxe orixinal, é o creador, produtor executivo e guionista da série.

Boyega interpretará a unha versión mais nova de Eli, o persoaxe a quen deu vida Denzel Washington no orixinal, un filme con tinturas de Western que no fondo era propaganda relixiosa, ambientado uns trinta anos despois de que unha catástrofe nuclear destruíra a biosfera da Terra. O protagonista era Eli, un nómade que atravesa o deserto mentres tenta protexer un exemplar da Bíblia, libro que seica contén o segredo da verdadeira salvación da humanidade.

A série situará-se outros trinta anos no pasado, é dicir, xusto despois do acontecemento apocalíptico que deu orixe ao desastre.

Albert e Allen Hughes, os directores do filme, serán tamén produtores executivos deste proxecto, que se porá á venda dentro duns días e que contará coa produción da Alcon Entertainment, a compañía atrás da série Blade Runner 2099 da Prime Video.

A longametraxe orixinal, que tamén protagonizou Gary Oldman, recadou 157 millóns de dólares nos despachos de billetes de todo o mundo a partir dun orzamento de 80 millóns.