Koepp regresa para Jurassic World

198

Jurassic World DominionA Universal Pictures ven de contratar ao guionista orixinal de Jurassic Park, David Koepp, para que escriba unha nova longametraxe da franquía, que quere entrar nunha “nova era” que continuará os acontecementos de Jurassic World: Dominion. O proxecto, que está xa en fase de desenvolvemento, ten previsto comezar a rodaxe este ano e a estrea será para 2025. Polo de agora aínda non hai director, pero os produtores volverán ser os veteráns Frank Marshall e Patrick Crowley, mentres que Steven Spielberg será o produtor executivo.