StudioCanal reinícia Os Vingadores

257

A produtora francesa StudioCanal está a planear un reinício da emblemática série televisiva dos anos 60 The Avengers coa colaboración da Wall to Wall, unha empresa propriedade da Warner Bros.

A dupla Mickey Down e Konrad Kay, creadores da série Industry, escribiron un episódio piloto para a série xunto ao creador de Sex Education Ben Taylor, quen ademais traballará coma produtor executivo.

Anteriormente apareceran rumores de que o proxecto iría á HBO, pero nestes intres non está claro que canle emitirá a série. As conversas continúan polo de agora con vários interesados.

A série orixinal estreou-se en 1961 e pasou seis tempadas na canle inglesa ITV, e logo á ABC nos Estados Unidos. Mesturando espionaxe, humor inglés e ciéncia-ficción, Patrick Macnee interpretaba ao axente secreto John Steed, un gentleman que usaba um chapéu de coco mentres loitaba contra diabólicas conspiracións.

Ao longo dos anos, Steed contou con axudantes femininas de luxo coma Honor Blackman, Linda Thorson e a mais famosa, Diana Rigg, no papel de Emma Peel.

Ralph Fiennes e Uma Thurman protagonizaron unha adaptación ao cinema en 1998, que foi un completo desastre nos despachos de billetes.