UNIVERSAL PICTURES / Despicable Me 4. A Universal Pictures e a Illumination Entertainment presentan o primeiro tráiler da cuarta entrega da franquía de Despicable Me, que se estreará nas salas de cinema o vindeiro mes de xullo. Gru, o superfalcatruán favorito do mundo convertido en axente da Liga Antiviláns, regresa nunha nova e emocionante era de caos dos Minións. Gru (Steve Carrell) e Lucy (Kristen Wiig) e mais as súas tres fillas dan asemade a benvida a un novo membro da família, Gru Junior, que está decidido a atormentar ao seu pai.