A actriz australiana Milly Alcock, mais coñecida polo seu papel como a noviña princesa Rhaenyra Targaryen na primeira tempada da série da HBO House of the Dragon, volverá a voar polos ceos, pero esta vez non a cabalo dun dragón, senón por si mesma no papel de Supergirl no filme da Warner Bros. Pictures.
Alcock conseguiu o altamente cobizado papel, que forma parte do novo Universo DC de James Gunn e Peter Safran, e que florecerá plenamente no filme de acción en vivo Supergirl: Woman of Tomorrow, actualmente en desenvolvemento.
Alcock venceu a Emilia Jones (protagonista da lacrimóxena fita de 2021 CODA) e mais a Meg Donnelly (da série The Winchesters) para este papel, para os que ambas realizaron probas de pantalla perante Gunn e vários executivos.
O resto do casting pode xa acontecer agora, unha vez que se espera que Supergirl teña a súa primeira aparición no vindeiro filme de Gunn Superman Legacy, que está por ser filmado en Georgia, aínda que isto non foi totalmente confirmado.
Agarda-se en todo caso que Supergirl apareza polo menos nun par de longametraxes do Universo DC antes de rodar Supergirl: Woman of Tomorrow, o filme de seu coma protagonista absoluta. Este aínda non conta con director, pero estará baseado no cómic homónimo de 2022 orixinal de Tom King, que ofrece unha visión totalmenbte nova do persoaxe.