Os trífidos volven á tele

0
160

O día dos trífidosDougray Scott, Joely Richardson, Brian Cox, Eddie Izzard, Jason Priestley e Vanessa Redgrave formarán o espectacular reparto de The Day of the Triffids, unha moderna adaptación en forma de minisérie que porá ao día a clásica novela de ciéncia-ficción na canle BBC.

A minisérie, que contará coa coprodución da empresa canadiana Prodigy Pictures, está baseada no supervendas de 1951 que escribiu John Wyndham sobre unha invasión de monstros con forma de planta e comedores de carroña.

Patrick Harbinson (un clásico da série Urxéncias) escribiu o guión para os dous capítulos cos que contará a série, que ten previsto emitir a BBC a finais deste mesmo ano.

The Day of the Triffids está ambientada nun futuro non demasiado distante, cando os cientíticos crean e cultivan unha planta chamada “os trífidos” coa ideia de servir coma alternativa ao combustíbel, o que producirá uns resultados catastróficos.

O libro xa fora adaptado pola BBC en emisións radiofónicas aló polos anos 1953, 1957 e 1968. Na televisión tamén se adaptou en 1981. En 2001 o guionista Lance Dann adaptou a história en dous episódios dunha hora de duración cadanseu para a BBC Internacional, e en 1962 se fixo unha longametraxe tamén baseada neste clásico.