A Sony revive ao Morto

129

Sete meses despois de que se anunciara oficialmente a súa cancelación, a Sony Pictures resucitará El Muerto, a primeira película da Marvel protagonizada por latinos en solitário.

O proxecto fora creado para que o cantante de reguetón portorriqueño Bad Bunny fora o seu protagonista, pero múltiples atrasos, tanto antes coma despois da folga do ano pasado, obrigaron a cancela-lo mesmo antes de que comezara a rodaxe.

Porén a Sony Pictures non quere renunciar aínda ao proxecto, polo que antes de que se estree Madame Web, ven de comezar de novo o seu desenvolvemento, para o que queren atopar decontado un novo protagonista. Nos cómics, El Muerto é Juan Carlos Estrada Sánchez, un home provinte dunha longa liñaxe de “luchadores” mexicanos que herdan unha máscara especial que lles outorga forza sobrehumana e outros poderes.

Pola súa grande sona entre o público falante de español, Bad Bunny foi considerado coma o actor ideal para se facer co papel, especialmente porque ademais ten experiéncia nos espectáculos teatráis da World Wrestling Entertainment (WWE).

A Sony conta con estrear para este ano xa tres filmes do Universo Marvel: Madame Web, Kraven the Hunter e Venom 3, polo que o mais probábel é que El Muerto non chegue ás salas de cinema até finais de 2025 coma moi cedo.