O veterán actor de New Orleans Carl Weathers morreu o xoves aos 76 anos de idade mentres durmía, segundo ven de anunciar a súa família. Aínda que comezou a súa carreira nos anos 70 coma extra en Close Encounters of the Third Kind e chegou logo á fama facendo de Apollo en catro filmes de Rocky, axiña acadou sona de seu entre os fans do xénero fantástico grazas á súa emblemática aparición en Predator, e mais recentemente, en The Mandalorian, papel polo que gañou unha nominación aos Emmys.