NETFLIX / Code 8 – Part II. Nesta secuela do filme canadiano de baixo orzamento Code 8, Connor (Robbie Amell) saíu do cárcere e traballa de conserxe nun centro comunitário, após de rematar a relación co seu antigo parceiro criminoso Garrett (Stephen Amell). O intento de Connor de se manter afastado dos problemas destrúe-se cando se ve obrigado a axudar a Pav (Sirena Gulamgaus), unha rapaza de 14 años, a fuxir dun grupo de policías corruptos liderados polo sarxento King (Alex Mallari Jr.). King utiliza os novos K9 robóticos para localizar a Pav, mentres que Connor volve a pedir axuda a Garrett e á súa equipa. Poderá confiar no home que o meteu no cárcere? Dirixida por Jeff Chan, o filme chegará á Netflix a partir do 28 de febreiro.