Bautista e Jackson xuntos após da queima

194

Dave Bautista e Samuel L. Jackson formarán equipa na película de acción e aventuras Afterburn da Black Bear, a Endurance Media, a Dogbone Entertainment e a Original Films.

O proxecto, baseado na novela gráfica do mesmo nome de Scott Chitwood e Wayne Nichols, estará dirixido polo veterán coordinador de especialistas da saga de cans John Wick e Fast and Furious, J.J. Perry, e suporá o terceiro traballo como director de Perry após Day Shift, dirixida por Jamie Foxx, e The Killer’s Game, protagonizada por Bautista.

A história ten lugar unha década despois de que unha erupción solar destruíra a tecnoloxía en todo o mundo, provocando o colapso social e a loita polo poder entre señores da guerra.

Bautista interpreta a un cazador de tesouros que é contratado para recuperar á Mona Lisa antes de que un perigoso señor da guerra poida rouba-la. O papel de Jackson aínda non se desvelou.

O filme foi xa alcumado coma unha mestura entre Indiana Jones e Children of Men e pretende utilizar dobres reais na medida do posíbel. A produción correrá a cargo de Neal H. Moritz, Toby Jaffe e Steve Richards, e está previsto que a rodaxe comece en abril en diversas localizacións europeas.