A Warners fai-se co novo de Coogler e Jordan

220

A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos da vindeira longametraxe do director de Black Panther, Ryan Coogler, un thriller de vampiros de época sen título protagonizado por Michael B. Jordan.

O mesmo Coogler escribiu o guión e será o director deste proxecto, que ademais producirá xunto a Zinzi Coogler e Sev Ohanian. Os detalles da trama manteñen-se polo de agora en segredo, pero é unha obra orixinal e seica con potencial de se converter nunha franquía de seu.

A Warners impúxo-se á Universal Pictures e á Sony Pictures após de várias semanas de rifas por se facer coa película, que verá o reencontro de Coogler e Jordan, quen debutaron xuntos con Fruitvale Station en 2013. Dende aquela, os seus traballos conxuntos foron un éxito comercial e de crítica.

A produción desta película avanza rapidamente e a rodaxe está prevista para comezar o mes de abril en New Orleans.