O realizador Michael Chaves está a negociar a súa entrada na que será a cuarta e derradeira entrega da franquía de The Conjuring na New Line e a Warner Bros. Pictures. Chaves dirixiu xa con anterioridade a terceira parte, The Conjuring: The Devil Made Me Do It (2021) e mais o exitoso spin-off do ano pasado The Nun II.
David Leslie Johnson-McGoldrick, que co-escribiu a terceira parte xunto a James Wan, é o responsábel do guión, que Wan producirá canda Peter Safran.
Os detalles do argumento aínda non se deron a coñecer, pero unha vez mais contarán cos protagonistas habituais, os investigadores do paranormal Ed e Lorrain Warren, interpretados polos actores Patrick Wilson e Vera Farmiga. A rodaxe dará comezo este verán en Atlanta.
Non está claro que novos casos deberá resolver a parella, pero os mais óbvios son o poltergeist de Smurl e mais a casa dos Snedeker, que xa se veron anteriormente no cinema nos filmes de 1990 The Haunted e de 2009 The Haunting in Connecticut respectivamente.
A nova entrega, que polo de agora conta coma título provisional The Conjuring 4, leva en preparación dende princípios do ano pasado. A franquía no seu conxunto recadou xa nos despachos de billetes de todo o mundo por riba dos 2.100 millóns de dólares.