Os ex-protagonistas de Game of Thrones Sophie Turner e Kit Harington traballarán xuntos unha vez mais no filme de terror gótico The Dreadful.
A película desenvolve-se coa guerra das Rosas coma pano de fondo no século XV e segue a Anne (Turner) e á súa sogra Morwen, quen viven unha vida dura e solitária afastados da sociedade en Inglaterra. Cando un home (Harington) do seu pasado regresa, desencadeará unha série de acontecementos que se converterán nun punto de inflexión para Anne.
O proxecto está escrito e dirixido pola iraniana-americana Natasha Kermani (Lucky, 2020). Turner, Greg Lauritano, Luke Daniels, Patrick Muldoon e mais Patrick Hibler producen.
Turner e Harington foron dous dos máximos protagonistas das oito tempadas da popular série de fantasía Game of Thrones da HBO nos papéis de Sansa Stark e Jon Snow, papéis polos que ambos foron nominados aos Emmys.
As datas de comezo da rodaxe aínda non se coñecen. O proxecto presentará-se no decurso do EFM de Berlín a partir do 15 de febreiro.