Coyote vs. Acme morre outra vez

182

Coyote vs. Acme seica volveu morrer ás mans da Warner Bros. Pictures, despois de que o estudo rexeitara as ofertas da Netflix, a Amazon e a Paramount para distribuír o filme.

O ano pasado, a Warner Bros. Pictures cancelou o proxecto que xa estaba rematado e listo para a estrea, coa intención de obter unha dedución fiscal duns 35 millóns de dólares. A decisión provocou unha forte reacción nas redes sociais e na comunidade cinematográfica.

Aos poucos días, a Warner recuou e anunciou que permitiría a venda do filme, que tiña un orzamento de 70 millóns de dólares, a outros posíbeis distribuidores. Porén e aínda que os estudos recibiron moi boas ofertas, a Warner Bros. quería polo menos 75 millóns de dólares e non admitiu contraofertas.

O presidente da Warner Bros. Discovery, David Zaslav, quen non viu ningunha versión da película, quere agora simplemente non volver falar do asunto, borrando sen contemplacións o traballo para sempre. O anúncio do borrado podería facer-se xa no decurso da vindeira xuntanza da Warners o 23 de febreiro.

No filme, que mestura debuxos animados con acción real, o persoaxe dos Looney Tunes Wile E. Coyote, contrata a un desafortunado avogado humano para demandar á Corporación ACME polos danos causados por produtos defectuosos, despois de que moitos dos seus produtos lle saíran mal ao longo dos anos de perseguir ao Correcamiños.

O filme rematou-se de rodar en 2022 en New Mexico e conta coma protagonistas a Will Forte e John Cena. James Gunn foi o produtor e coguionista e Dave Green o director.