Tongo no Minotauro?

0
218

O magufo Lopez del OsoApós do escándalo protagonizado polo grupo editorial Planeta ao lle conceder o prémio Minotauro de Literatura Fantástica a un recoñecido escritor magufo, erguéron-se non poucas críticas dende grupos de afeccionados que na súa inmensa maioría saben distinguir entre o que é fantasía e o que é psudociéncia, cousa que non é probábel que poidan facer os membros do xurado que lle deu o prémio a Fernando J. López del Oso pola súa obra El Templo de la Luna.

Moitos fans consideran que non foi o millor o que gañou, senón “o home da casa” e advirten que este autor tiña doado gañar porque xa publicara anteriormente con Planeta e a xuíza é unha persoa afeccionada á ufoloxía.

Mesmo un dos finalistas, cos que se puido contactar, ficou abraiado porque Planeta non convidase a asistir á entrega do prémio a todos os finalistas do mesmo, senón tan só ao que resultou ser o gañador. En todos os concursos o normal é que teñan a deferéncia de convidar aos participantes para asistiren á entrega do prémio, especialmente coma neste caso, cando antes da entrega non se sabía, alomenos oficialmente, quen ía ser o gañador. Estaba o gañador xa eleito fai tempo e os demas finalistas eran unha nube para distrair a atención? O certo é que un comentário nas páxinas da Web Ocio Joven do 3 de xaneiro deste ano xa adiantaba a publicación da novela.

Este mesmo finalista (que preferiu ficar no anonimato) comentou que o argumento da novela gañadora é moi semellante ao cómic de Jack Kirby Os Eternos, asi que de orixinal pouco o poden vender. Tamén se sabe perfectamente que López del Oso é un recoñecido reseñador de cómics, o cal fai-no ainda mais suspeitoso de pláxio.