Ewan McGregor contra os dinosáuros

123

Ewan McGregor protagonizará, xunto a Anne Hathaway, unha aventura con dinosáros aínda sen título do director de It Follows, David Robert Mitchell, para a Warner Bros. Pictures e a Bad Robot.

O proxecto será unha mestura de aventuras familiares e dinosáuros, ambientada na década dos 80. Os detalles do argumento polo momento están en segredo, pero Hathaway e McGregor interpretan aos pais, mentres que os papéis dos nenos aínda están por decidir.

O mesmo Mitchell é o autor do guión, que producirá xunto a J.J. Abrams, Matt Jackson e Hannah Minghella. Jake Weiner e Chris Bender serán os produtores executivos.

A película, aínda sen título, rodará-se en IMAX e ten previsto comezar a produción ao longo deste ano.