Marvel’s X-Men 97

112

DISNEY+ / Marvel’s X-Men 97. No revival da emblemática série dos anos 90 X-Men: The Animated Series, e desta volta con guións de Beau DeMayo, continuarán as histórias e os acontecementos da saga orixinal xusto no intre no que aquela rematou. Tormenta e Lobeto tentarán seguir adiante coa Patrulla X mentres Magneto quere tomar o posto deixado por Charles Xavier, e todo mentres Sinister aparece para rematar cos nosos heroes, dunha vez por todas. A nova quenda de dez episódios é o primeiro proxecto da Marvel Studios despois de recuperar os dereitos dos X-Men coa fusión coa 21st Century Fox hai uns anos, e o resultado poderémo-lo aprezar a partir do 20 de marzo.