Will Smith ve monstros

684

Will SmithWill Smith protagonizará un filme de terror titulado Monster Hunter (O cazador de monstros), do que el mesmo será un dos produtores.

O protagonista de Monster Hunter posúe a terrorífica característica de ver aos monstros que se agochan baixo das camas ou no interior dos armarios para aterrorizar aos nenos. Unha cualidade que, como psicólogo, utiliza para librar aos pequenos daqueles medos que lles amedoñan… até o momento no que se cruzará cun ser verdadeiramente perigoso e diabólico.

Ainda non se anunciaron outros integrantes do reparto, nen a data de rodaxe ou estrea.

Nun princípio, o actor elixido fora Kevin James, pero seica os produtores prefiriron subir ao filme un chanzo mais nas suas posibilidades coa contratación de Smith, o que o convirte automáticamente en favorito para as audiéncias.

O guión será escrito por Robert L. Baird e Daniel Gerson (que colaboraron, por exemplo, en Monstros S.A., que oferece vários pontos en comun con Monster Hunter), e a dirección correrá a cargo de David Dobkin (o posíbel director da adaptación do superhéroe da DC Comics The Flash).