Yorgos Lanthimos, director do recente éxito Poor Things, prepara un remake da comédia de ciéncia-ficción surcoreana de 2003 Jigureul Jikyeora! (“Salvade o planeta verde!”, en galego), de Jang Joon-hwan, para a Element Pictures.
A previsión é que Lanthimos comece a rodar o filme en Inglaterra e New York este verán. Ed Guiney e Andrew Lowe serán os produtores.
Esta excéntrica comédia negra, longamente xestada, narra a história dun rapaz desilusionado que captura e tortura a un home de negócios que cré que forma parte dunha invasión alieníxena. Unha batalla de enxeños xurde entre o captor, a súa moza, o home de negócios e mais un detective privado. A película orixinal converteu-se nun éxito de culto e foi exhibida en numerosos festivais.
En 2020 anunciara-se que a CJ Entertainment produciría un remake do filme e falou-se do dúo de directores composto por Ari Aster e Lars Knudsen (Hereditary) pero o proxecto non saiu adiante.