Novo director para Blade Runner 2099

110

Blade Runner 2049Jonathan van Tulleken será o director e produtor executiuvo dos dous primeiros episódios da série de ciéncia-ficción da Amazon Prime Video Blade Runner 2099. Tulleken ven a substituír a Jeremy Podeswa, quen tivo que deixar o posto por mor de conflitos de axenda após de que a folga de guionistas do ano pasado batera fortemente o calendário de traballo da rodaxe. Ridley Scott e os produtores de The Expanse están atrás deste proxecto, que leva xa vários meses parado.