A nova entrega da saga de Jurassic World ven de se facer cun novo director, Gareth Edwards (Rogue One: A Star Wars Story, The Creator), quen substitúe deste xeito a David Leitch. O filme, cun guión de David Koepp, ten alta prioridade para a Universal e a Amblin Partners, que contan con estrear o 2 de xullo de 2025. Gareth é considerado fiábel, con ampla experiéncia en filmes con moitos efectos especiais, sempre se cingue ao orzamento, e non ten interese en engadir creatividade de seu.