Star Trek Discovery – 5ª tempada

106

PARAMOUNT+ / Star Trek Discovery – 5ª tempada. A quinta e derradeira tempada da série que reviviu a franquía de Star Trek que se rodou en 2022 chega por fin a partir do 4 de abril con dous episódios seguidos. Nesta ocasión a capitá Michael Burnham (Sonequa Martin-Green) e a súa tripulación deberán resolver un mistério que os envía a unha aventura épica pola galáxia para atoparen un antigo poder cuxa existéncia leva ocultada séculos. Xunto aos habituais Doug Jones, Anthony Rapp, Wilson Cruz, David Ajala, Blu del Barrio e Mary Wiseman veremos ademais a Callum Keith Rennie, Eve Harlow e a Elias Toufexis.