Cretton dirixirá Naruto en acción real

385

O manga e anime Naruto converterá-se nunha película de Hollywood de acción real e grande orzamento.

Destin Daniel Cretton, coguionista e director de Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings dirixirá o filme para a Lionsgate, e tamén producirá xunto a Jeyun Munford, Jeremy Latcham, Avi Arad, Ari Arad e Emmy Yu.

A franquía orixinal foi creada por Masashi Kishimoto, e é unha história de madurez sobre un mozo e entusiasta ninja chamado Naruto Uzumaki que quere medrar e chegar a ser o líder da súa aldea, pero resulta que tamén ten o espírito dun dragón no seu interior.

Para este proxecto, Cretton recibiu xa a benzón do mesmo Kishimoto, quen nun comunicado declarou:

Cando oín que Destin estaba vencellado, aconteceu xusto despois de ver unha das súas películas de acción de mais éxito, e pensei que sería o director perfecto para Naruto. Tras gozar das súas outras películas e comprender que o seu forte é crear dramas sólidos sobre persoas, convencín-me de que non hai outro director para Naruto. Ao coñecer a Destin, tamén me pareceu un director de mente aberta, disposto a aceptar as miñas achegas, e fiquei convencido de que poderiamos cooperar xuntos no proceso de produción“.

O manga publicou-se entre 1999 e 2014 e converteu-se decontado nunha das franquías mais populares do mundo, con mais de 250 millóns de cópias vendidas. A propiedade deu asemade lugar a várias séries de debuxos animados na Cartoon Network, a Disney XD e a canle Adult Swim, así coma en videoxogos e merchandising en xeral.