O novo proxecto de Bong Joon-ho

232

O director de Parasite e The Host, Bong Joon-ho, comezará a produción do seu novo proxecto, unha película de debuxos animados sobre criaturas das profundidades mariñas, na segunda metade de 2024.

O filme, aínda sen título, conta cun orzamento de 48 millóns de euros e será a produción mais cara da história do cinema coreano. A Sony Pictures podería en cargar-se da súa distribución polo mundo.

Bong comezou a traballar no guión en 2018 e o rematou en 2021. Seica a história trata da relación entre a vida mariña das profundidades e os humanos, pero Bong mantén en segredo os detalles.

A compañía coreana Force Creative Party encargará-se dos gráficos xerados por computadora deste filme.

Mentres tanto, Bong pasará boa parte da primeira metade deste ano coa postprodución da súa longametraxe de ciéncia-ficción Mickey 17, protagonizada por Robert Pattinson, e cuxa estrea podería ter lugar no Festival de cinema de Cannes.