Outing para o meigo Dumbledore

0
183

Albus DumbledoreA novelista inglesa J.K. Rowling ven de sacar do armário a un dos principais personaxes da exitosa série literária de Harry Potter, ao dicir aos seus seguidores en New York que o meigo Albus Dumbledore, director da escola Hogwarts, é homosexual.

Durante a sua primeira xira polos Estados Unidos en sete anos, Rowling confirmou no Carnegie Hall na cidade dos rañaceos o que algúns afeccionados sospeitaran, que ela “sempre pensou que Dumbledore era homosexual“.

Rowling dixo que Dumbledore namorou-se do encantador meigo Gellert Grindelwald, pero que cando Grindelwald interesou-se máis polas artes escuras que polo ben, Dumbledore ficou “terribelmente desilusionado” e foi a destruir ao seu rival. Ese amor, afirmou a novelista, era a “traxédia secreta” de Dumbledore.

Namorar-nos pode cegar-nos até certo punto“, sostivo. A audiéncia ficou en siléncio após da revelación, pero axiño estoupou nun aplauso. Rowling, de 42 anos, dixo que se ela souber que esa sería a resposta, revelaría antes os seus pensamentos sobre Dumbledore.

Rowling dixo que ela lera o guión da adaptación ao cinema do sexto libro da série, Harry Potter e o mistério do príncipe, e corrixiu unha pasaxe na que Dumbledore relembraba amores pasados ao tacha-lo e escribir “Dumbledore é homosexual” sobre o texto.

Actualmente estima-se que Rowling, nai de tres fillos, ten unha fortuna de 780 millónes de euros, o que a converteu na primeira escritora multimillonária.

Harry Potter and the Deathly Hallows, o sétimo e derradeiro libro da série do neno meigo, convertiu-se no libro de venda máis rápida da histária cando foi lanzado en xullo. Máis de 11 millóns de cópias vendéran-se na nas primeiras 24 horas só nos Estados Unidos e Inglaterra.