A carreira á montaña

0
205

Ciaran HindsCiaran Hinds (There Will Be Blood) e Alexander Ludwig (The Seeker) veñen de se unir ao reparto de actores que interpretarán Race to Witch Mountain, o remake da Disney da súa aventura de 1975 Escape to Witch Mountain.

Andy Fickman é o director deste filme, descrito coma un thriller de acción e que protagonizarán Dwayne “The Rock” Johnson e AnnaSophia Robb. A adaptación, escrita por Matt Lopez, xira ao redor dun par de irmáns (Ludwig e Robb) con poderes paranormais quen coa axuda dun taxista de Las Vegas (Johnson), irán á procura dun grupo diabólico de persoas que tentan explotar as súas habilidades. Hinds interpretará ao malvado líder do grupo.

Os estudos pretenden que a rodaxe escomece a finais deste mes en Los Angeles.