Nolan aparca a Batman

592

NolanO cineasta Christopher Nolan, director e coguionista do grande éxito de crítica e público do verán pasado, O cabaleiro escuro, vai dirixir un novo filme titulado Inception para a Warner Bros. Pictures. Nolan escribeu o guión orixinal do filme, descrito como unha mistura de ciéncia-ficción e acción ambientada dentro da arquitectura da mente.

A rodaxe de Inception comezará o vindeiro verán e a súa estrea será no verán seguinte, en 2010. Recentemente Christopher Nolan recebiu unha nominación aos prémios do Directors Guild of America (DGA) polo seu traballo inovador en O cabaleiro escuro. Asimesmo, compartiu nominación con Jonathan Nolan e David S. Goyer para os prémios do Writers Guild of America, e foi nominado xunto con Emma Thomas e Charles Roven para os prémios do Producers Guild of America.

O cabaleiro escuro estreou-se en xullo de 2008 coa aclamación mundial da crítica e de seguido superou todos os records de despacho de billetes e vai camiño de ser o filme mais recadador do ano e o segundo (nos Estados Unidos) de todos os tempos.