A longamente rumoreada película de Masters of the Universe ven de cobrar nova vida porque o director do estudo LAIKA Travis Knight está en negociacións finais para se encargar do proxecto.
O acordo aínda non está pechado pero o director de Kubo and the Two Strings e Bumblebee é arestora o principal candidato para se facer co temón do filme.
Polo momento, Chris Butler está a reescribir o guión a partir dun borrador inicial escrito por David Callaham e mais os irmáns Aaron e Adam Nee.
A Amazon MGM Studios está moi interesada en se facer cos dereitos do proxecto e Robbie Brenner, da Mattel, e Todd Black e Jason Blumenthal, da Escape Artists, queren produci-lo.
A película baseará-se na popular série de debuxos animados dos anos 80 He-Man and the Masters of the Universe, que se desenvolve no planeta de Etérnia, e non terá en conta a mais recente versión do persoaxe que fixo a Netflix.