A Marauder Films ven de exercer a súa opción de compra dos dereitos para realizar unha adaptación cinematográfica do clásico videoxogo Primordia de 2012. Bastiaan Koch, director da Marauder Film e veterán da LucasFilm con experiéncia en filmes coma Pacific Rim, Rango ou Ready Player One, está á fronte do proxecto, que orixinalmente era unha aventura tipo “point & click” situada nun mundo postapocalíptico.