Superman recorta o seu título

84

SupermanNun fío de Threads, o director do filme Superman: Legacy James Gunn ven de confirmar que o título do filme prescindirá da parte de “Legacy” e agora será simplemente Superman. Ademais, revelou unha imaxe do novo escudo que o superheroe levará no peito e informou que Wendell Pierce (Jack Ryan) úne-se ao elenco de protagonistas, facendo o papel de Perry White, o editor do xornal Daily Planet. A estrea continúa prevista para o 11 de xullo de 2025.