Ferguson e Pratt piden Piedade

120

Rebecca Ferguson (Lady Jessica en Dune: Part Two) protagonizará xunto a Chris Pratt a longametraxe de ciéncia-ficción Mercy para os estudos Amazon MGM. O realizador ruso-casaco Timur Bekmambetov (Wanted) dirixirá e o veterán Charles Roven producirá o proxecto, cuxa rodaxe dará comezo xa esta primavera.

Marco van Belle (Arthur & Merlin) é o autor do guión do filme, situado nun violento futuro próximo no que aumentaron os delitos que son castigados coa pena de morte. Pratt interpreta a un detective acusado dun grave crime e obrigado a demostrar a súa inocéncia.

Os estudos teñen grandes expectativas postas para este filme, e proba delo é que queren estrea-lo nas nas salas de cinema. A Amazon xa adquirira os dereitos doutro filme de Pratt, The Tomorrow War, ao que converteu nun éxito durante a pandémia, pero daquela só chegou ao seu servizo de streaming.