A nova Twilight é de debuxos

243

En abril do ano pasado soubo-se que a Lionsgate Television estaba a comezar o desenvolvemento dunha versión para a tele da saga de libros Twilight de Stephenie Meyer.

Sinead Daly (Raised by Wolves) encargou-se de escribir o guión, pero os detalles desta versión estaban en segredo, polo que non estaba claro que tipo de série teriamos: un spin-off, un reinício, precuela, etc., pero en todo case se agardaba a participación da escritora orixinal Meyer.

O vicepresidente da Lionsgate, Michael Burns, apareceu onte nunha rolda de prensa da empresa de investimentos Morgan Stanley, e nela declarou que a série Twilight está xa moi avanzada.

A grande revelación porén foi que a série será de debuxos animados, non de acción real: “Imos saír coa série de Twilight, unha série de debuxos animados, coido que haberá moito interese nela“.

Burns dixo ademais que o proxecto era de debuxos animados dende o comezo, e que este non é un cámbio de rumbo.