PRIME VIDEO / Fallout. Baseada nunha das mellores sagas de videoxogos de todos os tempos, Fallout é a história dos que teñen e dos que non teñen, nun mundo no que case non fica ren mais que ter. Douscentos anos despois do apocalipse, os pacíficos habitantes dos luxosos refúxios antiatómicos ven-se obrigados a regresar á contaminada paisaxe infernal que deixaron atrás os seus devanceiros, e se abraian ao descubrir que lles agarda un universo incribelmente complexo, alegremente estraño e moi violento. Dos produtores executivos Jonathan Nolan e Lisa Joy, creadores de Westworld, protagonizada por Ella Purnell, Aaron Moten e Walton Goggins, a estrea será a partir do 11 de abril.