Robert Rodriguez en Nerveracker

0
188

Robert RodriguezEntre tantos proxectos que tiña na sua axenda o director Robert Rodriguez (Sin City), finalmente será Nerveracker, un filme de ciéncia ficción do cal ainda non había novas, o seu seguinte filme, que será realizado para a compañía The Weinstein Co.

Neveracker levará-nos até o ano 2085 e centrará-se no personaxe de Joe Tezca, que forma parte dunha unidade de elite coa misión de deter unha vaga de crimes nunha sociedade perfeita. Pero Tezca descobrirá que “Neveracker” é unha revolta para se facer co control da cidade. O protagonista deberá deté-la antes de que se lle acabe o tempo. O filme ten previsto a sua estrea para o 16 de abril de 2010.

Pero aí non rematan os proxectos de Rodríguez, que segue a preparar a versión con actores reais de Os Supersónicos, para o cal xa estiveron a facer probas de cásting e o guión de Adam F. Goldberg segue en marcha.