Wilde protagonizará Watch Dogs

166

A estrela da fita australiana Talk To Me, Sophie Wilde, está en conversas para protagonizar Watch Dogs, a adaptación cinematográfica de acción real da popular série de videoxogos homónima da UbiSoft que a New Regency ten en preparación.

A história desenvolve-se en versións fictícias de cidades modernas da vida real dirixidas por ctOS, unha rede informática que xestiona o control dos principais sistemas de infraestrutura de cidades enteiras, dende as redes eléctricas até os sistemas de control do tráfico.

Os protagonistas dos xogos son hackers atrapados nos submundos criminosos das súas respectivas cidades que son capaces de utilizar o seu teléfone como médio tanto para subtraer os dados persoais da xente coma para manipular o contorno que os rodea, dende as pechaduras das portas até a iluminación pública.

Os xogos chegaron acadar mais de 50 millóns de xogadores ao longo das tres entregas que levamos até hoxe. Esta versión cinematográfica estará dirixida polo aclamado director francés Mathieu Turi (Hostile), a partir dun guión orixinal de Christie LeBlanc.

A produción correrá a cargo de Margaret Boykin, Yariv Milchan e Natalie Lehmann. Os detalles da versión para o cinema ou do persoaxe de Wilde manteñen-se polo de agora en segredo.

A Ubisoft conta con várias adaptacións cinematográficas das súas propiedades en desenvolvemento, incluídas películas baseadas en The Division e Splinter Cell.