Tan só unha semana antes de que a Marvel Studios estree a súa longamente agardada série de debuxos animados X-Men ’97, o creador Beau DeMayo foi despedido fulminantemente sen que nin el nin a Disney deran ningunha explicación ao respeito. DeMayo, un habitual guionista da Marvel, traballou tamén en Moon Knight e no vindeiro filme Blade. A súa conta de Instagram foi completamente eliminada, polo que se sospeita que esta podería ter algunha relación co caso.