A New Line non semella ter moitas esperanzas postas na nova adaptación ás pantallas grandes da clásica novela de terror de Stephen KingSalem’s Lot, que se rematou de rodar en 2022, porque ven de decidir xunto á Warner Bros. Discovery que o filme non chegará ás salas de cinema e pasará directamente ao servizo de streaming Max a finais de ano, sen que polo de agora se dera a coñecer unha data concreta. As especulacións mesmo aseguran que a Warner podería facer deste outro caso coma o de Batgirl ou Coyote vs. Acme e simplemente eliminar o filme por completo para aforrar impostos.