Joe Dante reabre a tenda dos horrores

119

Dous dos realizadores de maior éxito da história do xénero fantástico, Joe Dante e Roger Corman, unirán forzas para reiniciar a franquía dos anos 60 da Tenda dos Horrores en Little Shop of Halloween Horrors.

Dante, director de clásicos coma Gremlins, Explorers ou The Burbs, e mais o guionista de Gremlins 2: The New Batch, Charles S. Haas, serán os encargados de producir o novo filme xunto con Corman e Brad Krevoy.

O filme orixinal, Little Shop of Horrors, foi coprotagonizado por Jack Nicholson, e converteu-se decontado nun clásico de culto grazas a un orzamento de tan só 28.000 dólares e unha história na que Seymour, un modesto florista, descubre unha estraña planta alieníxena que devece por comer carne humana. A medida que a planta medra, Seymour debe alimenta-la con novas vítimas.

A franquía acadou moito mais éxito vinte anos despois, cando unha adaptación teatral de 1982 converteu-se na longametraxe de 1986 dirixida por Frank Oz e protagonizada por Rick Moranis e Steve Martin, que gañou dous Oscars polos efectos visuais e á mellor canzón orixinal.