O Gato no Chapeu apunta a 2026

73

A Warner Bros. Pictures Animation ven de anunciar a posta en marcha da súa vindeira adaptación cinematográfica do clásico do Dr. Seuss The Cat in the Hat.

Bill Hader encabeza o elenco, no que tamén atopamos a Quinta Brunson, Bowen Yang, Xochitl Gómez, Paula Pell e mais a icona da comédia inglesa Matt Berry (What We Do in The Shadows). A data de estrea fixou-se para o 6 de marzo de 2026 nas salas de cinema de todo o mundo.

Alessandro Carloni e Erica Rivinoja escriben e dirixen a película na que o Gato asume a súa misión mais difícil até agora: animar a un par de irmáns que teñen problemas para se mudar a unha nova cidade.

The Cat in the Hat é a primeira longametraxe de debuxos animados na listaxe de proxectos que a Warner Bros. Pictures Animation e mais a Dr. Seuss Enterprises están a desenvolver conxuntamente.

Daniela Mazzucato e Jared Stern producirán e a DNEG Animation será o estudo de animación asociado.

The Cat in the Hat é un libro para nenos do Dr. Seuss (alcume literário de Theodor Geisel), publicado por primeira vez en 1957, e xa foi adaptado ao cinema en 2003 con Mike Myers no papel protagonista.