A Chernin Entertainment e mais a King Features están a preparar unha nova adaptación cinematográfica de acción real do clásico mariñeiro Popeye, para a que está á procura dun estudo asociado.
O persoaxe apareceu por primeira vez nos cómics que publicaban os xornais dos anos 20, e para este caso o proxecto está aínda en fase de desenvolvemento pero xa se dá por feito que será unha longametraxe con alto orzamento e conta co guionista dos Sopranos Michael Caleo.
Esta será a primeira vez que Popeye regrese ao cinema dende o filme de 1980 dirixido por Robert Altman, protagonizado por Robin Williams e Shelley Duvall. Aquela película recadou 60 millóns de dólares en todo o mundo a partir dun orzamento inicial de 20 millóns, e aínda que foi criticada daquela, co tempo foi-se aprezando cada vez mais.
En forma de debuxos animados, Popeye conta con moitas longametraxes e séries de televisión, e é de feito unha das primeiras obras que foi obxecto de comercialización masiva entre xeracións. Na actualidade, o persoaxe é aínda a imaxe oficial da marca de espinacas McCall Farms.