Star Wars: The Acolyte

69

DISNEY+ / Star Wars: The Acolyte. Situada uns cincuenta anos antes dos acontecementos de Star Wars: Episode I – The Phantom Menace e cara o remate da era da Alta República, a nova série de acción real segue a unha antiga padawan Jedi e mais ao seu antigo mestre. A investigación dunha arrepiante vaga de crimes enfronta a un respectado Mestre Jedi (Lee Jung-jae) cunha perigosa guerreira do seu pasado (Amandla Stenberg). E mentres xurden mais pistas, adentran-se nun escuro camiño no que forzas sinistras revelan que non todo é o que semella ser. A estrea dos dous primeiros episódios será o 4 de xuño.