A história aínda por rematar

76

A Michael Ende Productions e mais a See-Saw Films veñen de anunciar os seus plans para producir várias películas de acción real baseadas na clásica novela alemá de fantasía Die unendliche Geschichte, publicada en 1979 por Michael Ende.

A história orixinal narraba as aventuras dun rapazolo de dez anos chamado Bastian Balthazar Bux que atopa por casualidade un libro máxico que fala dun mozo guerreiro chamado Atreyu ao que se lle encomenda a tarefa de detér á Nada, unha forza escura que estraga o mundo marabilloso de Fantasía. A medida que o rapaz se adentra no libro, a súa vida vai-se entrelazando coa trama da novela.

A primeira parte do libro foi levada ao cinema en 1984 polo realizador Wolfgang Petersen, e converteu-se nun grande éxito. Unha secuela de menor orzamento en 1990 adaptou elementos da segunda metade da novela, e finalmente unha historia totalmente orixinal logo foi tamén levada para o cinema nunha terceira película.

O plan é que esta nova versión examine os detalles mais matizados do libro que se pasaron por alto na primeira longametraxe.

Iain Canning, Emile Sherman, Roman Hocke e Ralph Gassmann serán os produtores.